Creación de tarefas

Para que serven as tarefas?

A tarefa é unha das ferramentas que serven para recoller o traballo dos alumnos dunha materia. O profesor plantexa o enunciado e os alumnos traballarán sobre o mesmo para, finalmente, enviar unha solución ao plantexamento feito no enunciado da tarefa.

Como se crea unha tarefa?

  1. Dende a páxina principal do curso, "activar edición".

  2. No tema que se desexe pulsar sobre "Engadir unha actividade ou un recurso"

  3. Seleccionar a actividade tipo "Tarefa"

  4. Finalmente, plusar o botón "Engadir"


Os distintos aspectos que se poden configurar, clasifícanse por apartados:

Xeral

Nome da tarefa = Introduce un nome como título para esta tarefa.

Descrición = Introduce un pequeno texto a modo de descrición da tarefa.


Dispoñibilidade

Permitir entregas de = Se está activado, os alumnos non poderán facer entregas antes desta data. Se está desactivado, os alumnos poderán comezar as entregas de inmediato.

Data límite = Isto é cando venceu a tarefa. As entregas aínda se permitirán despois desta data pero calquera tarefa entregada tras esta data marcarase como atrasada. Para evitar entregas despois dunha certa data, estabeleza a data de corte da tarefa.

Data de corte= De estar definida, a tarefa non aceptará entregas despois desta data sen unha prórroga.

Amosar sempre a decrición = Se NON está activado, a descrición da tarefa anterior só será visíble para os alumnos na data "Permitir entregas de".

Tipos de entrega

Entregas de ficheiros = Se está activado, os alumnos deberán enviar un ou máis ficheiros como entrega.

Texto en liña = Se está activado, os alumnos deben escribir un texto (texto enriquecido) directamente nun campo do editor para a súa entrega.