o banco de preguntas

Para que serve o banco de preguntas?

Utilízase para crear ou editar preguntas que se organizan en categorías para facilitar o seu emprego na materia. Estas preguntas poden incluírse en calquera cuestionario (ou "proba") da propia materia.

Dende este enlace do menú podemos editar as preguntas xa creadas, organizar as preguntas en categorías, importalas e exportalas.

Cada unha das preguntas do banco de preguntas inclúe catro iconas que permiten editar, previsualizar, mover ou eliminar a pregunta. As preguntas que están sendo usadas en algunha actividade non poden ser eliminadas.

  • A icona "editar" permite editar a pregunta mediante o mesmo formulario usado para creala.

  • Cando se pulsa sobre a icona "previsualizar" ábrese unha nova ventá de previsualización que permite comprobar o funcionamento da pregunta.

  • A icona "mover" permítenos mover a pregunta cambiar o lugar onde aparece.

  • Se facemos clic sobre a "eliminar" podemos eliminar esa pregunta, sempre e cando non estea sendo usada en algunha das actividades do curso.



Se pulsamos o botón "Crear unha nova pregunta" ábrese unha nova ventá na que deberemos seleccionar o tipo de pregunta que queremos crear.

Cando escollemos un determinado tipo de pregunta (emparellamento, numérica, verdadeiro ou falso, ... etc) abriránse os formularios correspondentes para a configuración dos distintos tipos de pregunta.