EVA offline

EVA Offline resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectarse a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade.

Os dispositivos, tanto de profesor como de alumno, xa dispoñen a aplicación instalada na sección "Aplicativos - Educación" do Escritorio Abalar, pero a través do EVA é posible facer a descarga de dita aplicación para poder instalala no dispositivo desexado, en función do sistema operativo que teñamos no mesmo.

Existen diferentes versión da aplicación EVA Oflline , para os distintos sistemas operativos, que están dispoñibles para a súa descarga desde o propio entorno EVA. Para poder acceder, o usuario debe identificarse no EVA e a continuación entrar no menú "O meu escritorio".

Entre as funcionalidades dispoñibles no menú "O meu escritorio" está a opción "Descargar Offline".

Acceso á aplicación

Para comenzar a utilizar EVA Offline só hai que facer clic sobre o menú da aplicación, que poderemos atopar desplegando previamente o menú "Educación".

A primeira vez que se accede, é necesario activar a ferramenta e deberase estar conectado a internet. Facemos clic en "Engadir" para identificarnos co noso "nome de usuario" e "contrasinal".

A continuación introducimos as nosas credenciais ("nome de usuario" e "contrasinal") para que EVA-Offline conecte coa plataforma on-line e sincronice os primeiros datos: curso nos que estamos matriculados, asignaturas...

Cando iniciamos sesión en EVA Offline podemos comprobar que na parte esquerda da pantalla móstrase o noso nome e noso avatar (imaxe persoal) no caso de que o introducíramos anteriormente na plataforma online. Ademáis tamén vemos que no menú lateral temos acceso ás materias nas que estamos matriculados, así como á zona de mensaxería e eventos de calendario.

Nesta primeira pantalla do EVA Offline é importante fixarse no indicador de conexión que aparece na parte superior dereita da pantalla:

VERDE= Indica que EVA Offline está conectado

VERMELLO= Indica que EVA Offline está desconectado