MENÚS PRINCIPAIS

Despois de identificarnos como usuarios accedemos á pantalla principal da aplicación, onde se distinguen as seguintes áreas:

  • Botón principal, extende a barra de menús (1)

  • Barra de menús funcional (2)

  • Selector idioma (3)

  • Mensaxes (4)

  • Notificacións (5)

  • Menú do usuario (6)

  • Área de visualización das materias (7)

Menú: INICIO


Ao pulsar sobre o menú "Inicio" volvemos á pantalla de inicio da plataforma.


Menú: o meu escritorio

Desde o menú "O meu escritorio" podemos acceder á nosa área persoal de usuario, aos datos do noso perfil, ao calendario xeral da plataforma, ás novas publicadas ata o momento, así como tamén á pantalla que nos da acceso ás credenciais dos nosos alumnos.


Menú: AS MIÑAS MATERIAS

No menú "As miñas materias" móstranse as materias ás que teño acceso como profesor/a e/ou como alumno/a


Menú: ACCESO Ó CATÁLOGO

Desde o catálogo, podemos acceder a unha mostra de todos os contidos, de todas as materias e de todos os proveedores de contidos (editoriais) que participan no proxecto EDIXGAL.



Menú: AXUDA

Desde a "Axuda" da plataforma temos acceso ás distintas guías e manuais de usuario, con respecto ás ferramentas e funcionalidades incluídas na plataforma