Xestión de credenciais

Esta opción permite ao docente facilitar as credenciais de acceso dos/as alumnos/as , e a restauración das mesmas.

Neste apartado o docente vai a atopar as credenciais dos seus alumnos xunto co contrasinal para o primeiro acceso.

Unha vez seleccionado Xestión de Credenciais, aparece unha pantalla para poder filtrrar en base a centro, grupo e materia, as credenciais desexadas, para o caso dos/as titores/as permitirá acceder a todos os/as alumnos/as do grupo mentres que cada docente só terá acceso aos/ás alumnos da súa materia.

Cando pulsamos sobre o botón "Filtrar" móstrase na parte central a listaxe de alumnos/as coas súas respectivas credenciais, onde os datos que aparecen son os seguintes:

        • Nome, Apelidos e Usuario de cada alumno/a.

        • Acceso provisional:

          • Aparece a clave de acceso provisional do/a alumno/a para o seu primeiro rexistro ou para cando se lle restaura a credencial. En canto o/a alumno/a inicie sesión co seu usuario requirirase que cambie o contrasinal.

          • Aparece *********** cando o/a alumno/a xa entrou na plataforma e polo tanto xa modificou o seu contrasinal.

        • Centro, Grupo e Materia

        • Acción: Restaurar credenciais. Esta utilidade a utilizará o/a docente para restaurar o contrasinal dun/dunha alumno/a se esqueceu o seu contrasinal. Ao restaurar o contrasinal aparecerá de novo unha clave de acceso provisional na columna "Acceso provisional" que lle permitirá de novo ao/á alumno/a acceder á plataforma. En canto inicie sesión co seu usuario requirirase que cambie o contrasinal.

        • Histórico: nesta columna poderase consultar o histórico de cambio de credenciais para un alumno.