EPOPTES

EPOPTES , que significa observador en grego ( país de orixen da aplicación) é unha solución potente pero sinxela para a xestión remota das aulas.


Epoptes é un software que trata de facilitar a tarefa do profesor na aula. Permite unha serie de accións sobre os equipos de aula tales como ver o que están a facer os alumnos, enviar mensaxes, executar aplicacións remotas, bloquear a pantalla, apagar e reiniciar un equipo entre outras.


Para iniciar o software Epoptes profesor, accedemos ao menú "Menú de aplicativos - Internet - Epoptes Profesor"

Cando iniciamos esta aplicación abrirase un panel con tres áreas de traballo delimitadas:

  • Barra de accións

  • Columna de grupos

  • Area de escritorios de clientes

A comunicación entre o equipo do alumno e o do profesor realízase de forma segura mediante un sistema de chaves publico/privadas para evitar a intercepción de datos e que outro equipo ou persoa allea á clase puidese tomar o control do equipo do alumno.

A continuación pediráselle ao alumnos que desde o seus computadores, no menú "Internet - Epoptes Alumno", introduzan os dous últimos octetos ou numeracións delimitadas por puntos da dirección IP do equipo do docente. Despois de introducir esta información e pulsar "Aceptar" este equipo xa se mostrará no panel de administración do equipo do docente.

Para saber que IP temos no noso equipo de profesor accedemos a Sistema > Acerca de Maqueta Abalar e a continuación aparecerá un cadro de diálogo coa información referente ao equipo.