Incorporación de contidos e recursos Á MATERIA

Ao acceder por primeira vez á materia, e mentres non se comece coa súa configuración, aparecerá na pantalla unha mensaxe informativa indicando como proceder para incorporar contidos e construír a materia.

Na parte superior da pantalla poden verse as solapas que dan acceso aos contidos das distintas editoriais.

As solapas que se mostran correspóndense cos proveedores de contidos que dispoñen de contidos para esa materia e nivel educativo en concreto. No caso de que non se mostre a solapa correspondente a algún proveedor de contidos en concreto, significa que para esa materia e nivel educativo o proveedor de contidos non dispón de material actualmente.

En determinadas circunstancias, (por exemplo, cando un docente crea unha materia propia) pode ocorrer que non se mostren inicialmente ningunha das pestanas superiores que dan acceso aos contidos das distintas editoriais.

Neste caso, no bloque "Atopar recursos" que se mostra nos bloques da parte dereita da pantalla, deberás seleccionar a materia que desexes e pulsar o botón "Cambiar". Deste xeito, xa deberían mostrarse na pantalla as pestanas que dan acceso aos recursos.

No caso de querer incorporar todos os contidos da editorial, na pestana da editorial correspondente hai que escoller a opción "Seleccionar Todos/Ningún" e a continuación premer no botón "Sincronizar". Esta acción fará unha copia completa de todos os contidos da editorial escollida ao curso.

Como incorporar contidos específicos individualmente

Se prefirimos facer unha mestura de contidos das diferentes editoriais, navegando entre as diferentes pestanas, pódense escoller os contidos que se desexe incorporar ao curso e logo premer no botón “Sincronizar” en cada unha delas.

A incorporación de contidos pode facerse:

  • De xeito individual, seleccionando contidos particulares de cada sección dunha editorial

  • Seleccionando unha sección completa “Seleccionar toda a sección”.

En ambos os dous casos pódese escoller a incorporación nunha sección existente ou crear unha nova sección. Só no caso de “Engadir nunha nova sección” crearase a sección no curso co mesmo nome e imaxe da sección do contido seleccionado.

Se escollemos unha sección existente, incorporaranse o/os contido/s seleccionado/s na sección escollida do curso.

Esta é a forma de proceder para continuar engadindo contidos do catálogo ao curso ao longo de todo o curso académico.

Importante!

Non é necesario facer a incorporación de todos os contidos cos que se vaia a traballar nos primeiros días do curso. Pódese ir facendo a incorporación dos contidos e recursos, dunha o varias editoriais, de forma paulatina ao longo do curso académico, segundo se vaia precisando.