A bolsa de recursos é un bloque que pode ser incorporado nas materias do EVA por parte do profesorado e que permite trasladar unha copia de calquera dos recursos desde unha materia a outra.
Básicamente, trátase dunha especie de "contenedor temporal" onde o profesorado pode introducir unha copia dos recursos que desexe trasladar desde unha materia a outra.
En primeiro lugar, o profesorado debe incorporar o bloque "Bolsa de recursos" nas materias de orixe e destino dos recursos que desexe trasladar.
1- Entra na materia de orixe (onde está o recurso que queres trasladar) e pulsa o botón "Activar edición"
2- Pulsa sobre a opción "Engadir un bloque" e selecciona o bloque titulado "Bolsa de recursos"
3- Debes realizar este mesmo procedemento na(s) materia(s) de destino onde queiras incluír unha copia dos recursos seleccionados na materia de orixe.
Desta maneira, o bloque "Bolsa de recursos" xa estará visible e dispoñible nas nosas materias.
Despois de engadir o bloque "Bolsa de recursos", tanto na(s) materia(s) de orixe como na(s) materia(s) de destino, podemos insertar nesta bolsa todos os recursos que desexemos pulsando sobre a icona que atoparemos na parte dereita de cada recurso.
Cando os recursos xa están na "Bolsa de recursos", resulta moi sinxelo engadilos noutra materia, noutro tema ou noutro curso.
Simplemente deberemos pulsar sobre a icona "Engadir á materia" que corresponda ao recurso que desexemos e a continuación veremos que se nos activan diversas áreas de inserción de contidos en todos os temas ("seccións") dispoñibles.
Finalmente, só temos que seleccionar (facendo clic) a zona, tema ou sección onde queremos insertar o recurso.
Tamén podemos engadir á bolsa de recursos un tema completo (unha "sección" enteira) , utilizando o botón "Copiar sección" que se mostra dentro do propio bloque "Bolsa de recursos".