PrIMEIROS PASOS

Para acceder á plataforma EVA Abalar online, debemos ir ao seguinte enderezo web (URL) da aplicación:

http://eva.edu.xunta.gal

Unha vez accedemos a través do noso navegador de internet, atopámonos coa pantalla de login ou identificación de usuarios, na que tamén podemos distinguir os seguintes elementos:

  • Login (Acceso)

  • Selector de idioma (Por defecto a plataforma móstrase sempre en idioma “Galego”, pero o usuario pode cambiar o idioma en calquera momento)

  • Carrusel de novas

Para entrar, introducimos as nosas credenciais de acceso ("nome de usuario" e "contrasinal") no recadro correspondente e pulsamos o botón "Acceder".