Como moverse nunha materia

Despois de seleccionar a materia na que desexamos entrar, podemos observar como cambian as opcións que se nos mostran neste menú principal da plataforma.

Cando xa seleccionamos unha materia, vemos que se mostra unha nova entrada no menú principal titulada "Temas da materia". Se facemos clic nesta nova sección do menú, accedemos directamente á estrutrura da materia.

Esquema (temas) da materia

Para acceder á estrutura e temas dunha determinada materia, debemos acceder ao menú principal da plataforma (banda vertical esquerda) desde onde poderemos seleccionar o tema (sección) ao que desexamos acceder.

Para cambiar de tema debemos volver a despregar o menú principal (esquerda) e facer clic sobre o novo tema (sección) que desexamos ver.

Tamén podemos cambiar de materia en calquera momento se volvemos a pulsar sobre o menú "As miñas materias".


Amosar / ocultar bloques

O botón de "Amosar / ocultar bloques" permite amosar determinados bloques de menús con funcionalidades específicas, como por exemplo o bloque "Administración" e o bloque "Atopar recursos", entre outros.