Creación de cuestionarios

Para que serve o cuestionario?

O cuestionario permite ao profesor crear diversas probas que comprenden preguntas de varios tipos como por exemplo a escolla múltiple, a coincidencia, a resposta curta, a resposta numérica, ... etc.

Neste tipo a actividade (cuestionario) a cualificación calcúlase automáticamente, de maneira que pode servirlle ao alumno como autoavaliación e o profesor pode usala para realizar o clásico exame aos alumnos.

Como se crea un cuestionario?

  1. Desde a páxina principal do curso, activar a edición.

  2. No tema que se desexes, pulsar sobre " Engadir unha actividade ou un recurso".

  3. Seleccionar o tipo de actividade "Cuestionario".

  4. Finalmente, pulsar o botón "Engadir".

Un cuestionario inclúe diversas opcións configurables ordenadas por apartados, entre as que destacamos as seguintes:

Xeral

Nome = Introduce un nome como título para este cuestionario.

Descrición = Introduce un pequeno texto descritivo para definir esta proba.

Sincronización

Permite escoller as datas de comenzo e peche do cuestionario.

Comportamento da pregunta

  • Barallar entre as preguntas = De estar activado, as partes que crean cada pregunta barallaranse aleatoriamente cada vez que un alumno intente a proba, fornecendo a opción tamén está activada na configuración de preguntas. Esta configuración aplícase a cuestións que teñen múltiplas partes, tales como escolla múltipla ou preguntas coincidentes.

  • Como se comportan as preguntas = Os alumnos poden interactuar coas preguntas na proba de varias maneira diferentes. Por exemplo, pode querer que os alumnos introduzan unha resposta para cadansúa pregunta e logo entregar a proba enteira, antes de cualificar nada ou de que eles teñan comentarios. Iso poderiamos chamalo modo de "Comentario diferido" (Deferred feedback).
    Alternativamente, pode querer que os alumnos entreguen cada pregunta según vaian avanzando para obter comentarios inmediatos e se non o conseguen facer correctamente, que teñan outro intento cunha puntuación menor. Iso poderiamos chamalo modo «
    Interactivo con múltiplos intentos».
    Os dous anteriores ("
    Comentario diferido" e "Interactivo con múltiples intentos") son probabelmente os dous modos de comportamento máis comúnmente usados.
    O "
    Modo adaptativo" permite ao alumno dar varias respostas a unha pregunta nun mesmo intento. Por exemplo, se a resposta é incorrecta, o alumno pode dar outra resposta inmediatamente aplicándose unha penalización que se restará da putuación total por cada intento equivocado.
    O "
    Modo adaptativo sen penalizacións" é igual que o anterior pero non se aplican penalizacións.

  • Cada intento constrúese sobre o último = De estaren os intentos múltiplos permitidos e esta configuración activa, cada novo intento conterá os resultados do intento previo. Isto permite completar unha proba en varios intentos.