o recurso páxina

o recurso libro

Para que serve unha páxina?

O recurso páxina permite ao profesorado, usando o editor de texto do EVA, crear un recurso de tipo páxina web na que se poden incluír imaxes, texto, vídeos, sons, ligazóns ... etc, de maneira que son probablemente o tipo de recurso máis versátil do que dispoñemos para configurar os nosos propios recursos da nosa materia.

Como se crea unha páxina?

  1. Activar o modo edición.

  2. No tema que se desexe, pulsar sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".

  3. Seleccionar a opción "Páxina".

  4. Finalmente pulsar o botón "Engadir"

Unha vez lle damos a engadir cubrimos os campos da páxina:

Xeral

Nome = Introducimos un nome que servirá como título.

Descrición = Escribimos un pequeno texto descritivo da páxina.

Contido

Contido da páxina = Aqui será onde deberemos introducir o contido da páxina propiamente dito: texto, imaxes, arqueivos multimedia, enlaces, etc.

Unha vez elaborado o contido da páxina gardamos os cambios .

Para que serve un libro?

Un libro permite ao profesor crear un conxunto de páxinas cun orden e unha xerarquía determinada. Os libros poden conter diversos tipos de ficheiros, entre eles os ficheiros multimedia, así como texto e son apropiados para presentar gran cantidade de información que pode subdividirse en seccións.

O libro non é interactivo en sí mesmo, aínda que pode conter todo tipo de elementos multimedia como imaxe, vídeo, son, enlaces internos e externos, ... etc.

Como se crea un libro?

Para engadir un libro a un curso teremos que seguir os seguintes pasos:

  1. Activar o "modo edición".

  2. No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".

  3. Seleccionamos a opción "Libro".

  4. Finalmente pulsamos o botón "Engadir".

No formulario que nos aparece a continuación deberemos escoller un "Nome" para dar título a este novo libro, así como un pequeno texto no apartado "Descrición"

Despois de que o libro está creado, para xestionalo (engadir capítulos e subcapítulos) empregaremos o cadro "Táboa de contidos" que aparece na parte dereita da pantalla, unha vez que entramos no propio libro.