O recurso cartafol

o recurso etiqueta

Usar un cartafol para mostrar recursos aos alumnos resulta máis elegante que mostrar os ficheiros de un en un nuha lista e tamén ocupa menos espazo na pantalla do curso.

Existe unha configuración (opcional) que permite ao profesor mostrar dentro da carpeta un "botón para descargar", de maneira que os alumnos poden descargar os ficheiros como un cartafol comprimido en formato ZIP. Isto posibilita aos alumnos o traballo "fóra de liña" (sen estar conectado) cos ficheiros descargados.

Como se crea un cartafol?

Para engadir un cartafol procederemos da seguinte maneira:

  1. Activar o "modo edición".

  2. No tema que queiramos da materia, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".

  3. Seleccionamos a opción "Cartafol".

  4. Finalmente pulsamos o botón "Engadir".


Existen algúns aspectos que deberemos configurar cando engadimos un cartafol, que se presentan ordenados por apartados, entre os que destacamos os seguintes:

Xeral

Nome = Introducimos un nome que servirá como título para este cartafol

Descrición = Introducimos un pequeno texto descritivo para o cartafol

Contido

Ficheiros = Neste recadro introduciremos o ficheiros que queiramos mostarlles aos alumnos dentro do cartafol. Podemos usar o método de "arrastar e soltar" ou tamnén podemos usar o botón "Engadir" que aparece na esquina superior esquerda do recadro.

Presentar en pantalla o contido do cartafol = Se escollemos presentar os contidos do cartafol na páxina dun curso, non haberá unha ligazón a unha páxina separada e o título non se presentará. A descrición presentarase unicamente cando "Presentar a descrición na páxina do curso" estea marcada.

Neste caso a vista de accións dos participantes non se poderá rexistrar.

Amosar subcartafoles estendidos = De estar activado, presentaranse os subcartafoles estendidos de modo predeterminado. Se non, os subcartafoles presentaranse recollidos.

Para que serve unha etiqueta?

O recurso etiqueta serve como un elemento que permite clasificar os distintos recursos/actividades engadidos na nosa materia no EVA. Podemos utilizar texto, imaxes, arquivos multimedia ou código para a construcción das etiquetas.

Como se crea unha etiqueta?


  1. Activar o "modo edición".

  2. No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".

  3. Seleccionamos a opción "Etiqueta".

  4. Finalmente pulsamos o botón "Engadir".