Aplicación EVA ABALAR

A aplicación móbil EVA Abalar é unha versión reducida para dispositivos móbiles da aplicación EVA Offline. Está dispoñible de forma libre e gratuíta nos sistemas operativos Android (Google Play) e iOS (App Store) Con esta "app" instalada no dispositivo móbil (smartphone ou tablet) o usuario poderá acceder ás funcionalidades básicas que ofrece a aplicación Offline.

Esta aplicación permite tanto a alumnos/as como a profesores/as acceder aos contidos e recursos dixitais que a Xunta de Galicia pon á súa disposición mediante a plataforma web EVA Abalar