A RÍA, AS PEREGRINACIÓNS E O PAN DE NEDA

Trala caída do Imperio Romano de Occidente, a Hispania fragmentouse entre os reinos do norte -primeiro suevos e logo visigodos- e os territorios que foron ganando desde o sur os musulmáns que, malia chegar á Gallaecia ou Gallecia, non se asentaron nela como fixeran os romanos.

Hai autores que falan de que na actual Neda houbo arredor dos séculos VIII e IX unha batalla entre “os mouros” e os cristiáns, pero non existe ningún documento que permita aseguralo. É unha lenda que posiblemente teña algo de certo, posto que os musulmáns entraron a península no 711 e vinte anos despois xa se fixeran con case todos os dominios visigodos... agás unha pequena parte do norte desde onde se iniciou de inmediato unha nova expansión cristiá cara ao sur que duraría case 800 anos.

Estamos na Idade Media, época en que Galicia era reino de seu e momento no que debeu comezar un importante crecemento das terras de Neda vinculado á actividade mariñeira, ao aproveitamento da auga do Belelle e ao paso por estas terras dos camiños de peregrinación a Compostela e a Santo André de Teixido.





O desenvolvemento de Neda a partir da Idade Media débese nunha parte importante ao comercio marítimo, aos camiños de peregrinación e á industria panadeira.

PICA NOS RECADROS PARA ACCEDER AOS CONTIDOS DESTA SECCIÓN