DESDE A IDADE DE PEDRA ATÉ A A CHEGADA DO CRISTIANISMO

60 SÉCULOS DE HISTORIA!!!

ONDE ESTAMOS

A Neda de hoxe ten 23,8 quilómetros cadrados divididos en catro parroquias: San Pedro de Anca, Santa María, San Nicolás e Santo André de Viladonelle. Pertencemos á provincia da Coruña e á comarca de Ferrolterra e, segundo os últimos datos oficiais, somos 5.112 habitantes.

Na actualidade sabemos cales son os límites do noso Concello, marcados en parte polos ríos Xubia, Castro e Belelle. Sabemos que ao outro lado da ría está Narón -con quen lindamos ao norte- que ao sur temos Fene, que ao surleste tocamos un chisquiño coa Capela e que polo leste, ao outro lado da Louseira, temos San Sadurniño.

Pero antigamente, hai centos e milleiros de anos, non había esas divisións do territorio. Nin sequera Neda se chamaba Neda, aínda que diso falaremos un pouco máis adiante. Agora o que queremos saber é onde comeza a nosa historia, quen eran os nosos antepasados, os pobos máis antigos que viviron aquí antes ca nós.



Neda foi durante séculos un enclave estratéxico pola súa situación

PICA NAS LIGAZÓNS PARA ACCEDER AOS CONTIDOS DESTA SECCIÓN