OS MOTORES DO CAMBIO

Ao longo do século XVIII toda Europa comeza a vivir unha grande transformación cara á modernidade. A época coñécese como “Ilustración” e a diferencia dos tempos anteriores en que o mundo se explicaba coa relixión, a partir deste momento cambia a maneira de pensar e a ciencia convértese no motor do cambio da sociedade.

Nace a democracia moderna, a tecnoloxía e os sistemas produtivos viven unha auténtica revolución e iníciase unha transformación a toda velocidade que xa non se detería ata o presente.

Neda viviu todo iso ao longo dos séculos XIX e XX. Aquí naceron industrias avanzadas que tiraron polo comercio e que converteron o noso territorio nun polo económico puxante…Pero tamén houbo guerras e tempos de emigración alternados con épocas de bonanza e de florecemento cultural.

Dous séculos da nosa historia que, coma os anteriores, deixaron pegada no concello e axudan a entender o que somos hoxe.




Un dos mellores exemplos do pensamento ilustrado é a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán. Tardou 17 anos en facela -de 1817 a 1834- con cálculos topográficos, astronómicos e matemáticos. A Casa da Cultura ten unha das poucas copias que existen, gracias á familia González-Robetto e ao escritor local Vicente Araguas.


PICA NOS RECADROS PARA ACCEDER AOS CONTIDOS DESTA SECCIÓN