REDACTAR UNHA FOLLA DE RECLAMACIÓN

As follas de reclamacións son un instrumento co que contan os consumidores e usuarios para queixarse do mal funcionamento de determinados comercios ou servizos. Emprégase esa reclamación para que organismos como o Instituto Galego de Consumo tramite esa queixa. Vexamos un exemplo real do seu formato.

As follas de reclamacións atenden esencialmente a tres finalidades:

Supoñen unha primeira resposta do consumidor fronte a un incumprimento ou cumprimento defectuoso de calquera actividade, ben ou servizo prestado polo empresario ou pola Administración.

Permiten deixar constancia dun problema, posibilitando a demostración da súa existencia.

Serven de canle de comunicación á Administración competente sobre as posibles irregularidades que poden afectar á protección de consumidores e usuarios.