CONTAR EXPERIENCIAS

Para contar experiencias debes seguir uns pasos concretos e debes, como sempre facemos cando contamos algo, elaborar mentalmente ou por escrito un guión dos acontecementos:

Di a onde ou cando fuches ao lugar da historia.

Describe ese lugar.

Di o que máis che gustou dese lugar onde fuches.

Explica como te sentiches, como o pasaches e se volverías.