Á hora de expresar unha opinión propia ou allea debemos usar argumentos para defendelas. Se a opinión é túa, podes empezar o teu discurso por: eu considero, na miña opinión, eu penso que...
Podes aclarar as razóns que che levan a pensar dese xeito e admitir opinións distintasse consideras que nalgún momento as dos demais che convencen e pensas que estabas equivocado.