Á hora de describir obxectos que nos rodean, recomendamos que, antes de nada, vos fixedes ben nas características que estes posúen. Cando se fai unha descrición, deben terse en conta os trazos máis importantes e, ao igual que cando describimos unha persoa, realizarase de maneira ordenada.