A INSTANCIA

Unha instancia ou solicitude é un documento que nos serve para dirixirnos a unha persoa ou institución para solicitar algo. Para escribila debemos seguir unhas pautas establecidas e empregar unha linguaxe formal.

Poñede especial atención á presentación e á linguaxe, tendo en conta a quen vai dirixida, e seguide o modelo que se mostra neste apartado.

Como no exemplo arriba exposto, tedes que dirixir a instancia ou solicitude a alguén, a un organismo ou a unha persoa. Tamén tedes que datala e especificar o lugar desde onde se escribe, identificándovos ou identificando o autor da solicitude.

Utilizade os dous puntos ao comezo de cada parágrafo. Poñede claramente a razón pola que escribides a solicitude. As instancias sempre inician cada parágrafo coa palabra expón ou solicita. Non esquezas asinar a túa solicitude.