ESCRIBIR CARTAS AO DIRECTOR

As cartas ao director son un subxénero dentro das cartas mediante as que se expresa unha opinión por parte dun lector a un xornal. Estas cartas responden a un tema de actualidade, a unha queixa por parte do lector ou a unha opinión.

A opinión que se dá pode ser tanto a favor, expresando agradecemento, como crítica. Nos xornais do noso país hai un apartado específico para estas cartas.

As cartas teñen un formato determinado. Debes dirixirte ao director con educación e respecto, facéndoo cunha linguaxe apropiada. As cartas deben levar a data e o lugar dende onde se escriben e deben encabezarse con:

Prezado director,

Estimado director,

Querido director,

Non esquezas que debes despedirte con fórmulas do tipo:

Atentamente, saúdos, despídese… e asinar a carta co nome do remitente.