Para escribir unha nova debes dar a información de forma breve. A noticia é un relato verdadeiro de un ou varios feitos referentes acontecidos na realidade e de interese xeral.
Tamén son noticia aquelas que sucederon hai tempo, non hoxe, pero que son descubertas ou contadas por alguén no momento actual (descubrimentos científicos, achados…).
Para redactar unha noticia tedes que saber que o máis importante da información debe ir nas primeiras liñas e os detalles menos importantes ao final.
Unha nova debe ter un titular e un corpo, aínda que tamén pode ter subtítulos e antetítulos e levar, ou non, unha foto cun pé de foto para ilustrar a nova.
O titular é o elemento máis importante dun traballo xornalístico. É como o expositor dunha tenda e chama a nosa atención sobre a información que se detalla no corpo, que adoita ir en columnas dependendo o seu número da importancia e do espazo que se lle dedique.