Para escribir unha receita has de seguir sempre a mesma estrutura. Primeiramente debes facer referencia ás cantidades dos ingredientes que imos precisar de modo esquemático.
Escribe a receita de forma clara, poñendo especial atención na presentación. A seguir debes explicar paso a paso e empregando frases sinxelas o modo de elaboración.
É recomendable que previamente fagas un borrador do que vas dicir asegurándote de que non saltas ningún paso na elaboración da sobremesa.
BICA
Ingredientes
- 9 claras de ovo
- 350 gr de azucre
- 375 gr de fariña de trigo normal
- 375 ml de nata 35% m.g.
- Manteiga para engraxar o molde
- Azucre e canela en po para botar por riba.
Preparación:
- Montamos a nata e reservamos.
- Batemos as claras a punto de neve. Cando estean a medio montar engadimos o azucre pouco pouco e seguimos batendo ata que estean ben firmes.
- Engadimos á mestura anterior a fariña peneirada aos poucos e intentando baixar as claras o menos posible, sempre delicadamente e con movementos envolventes no mesmo sentido.
- Para rematar vertemos a nata montada tamén con coidado, ata que estea integrada.
- Engraxamos o molde con manteiga e encima papel sulfurizado, vertemos a mestura e botamos por riba unha mestura feita de canela e azucre.
- Metemos no forno prequentado a 210º e cambiámolo 190º ao introducir a bica, no nivel 2 durante uns 35 minutos, nos últimos dez minutos pomos o ventilador. O forno cada un debe coñecer o seu e adecualo ás súas "teimas".
- Deixamos que arrefríe un pouco no molde antes de sacalo, senón rompería.