PRESENTARSE E PRESENTAR OS OUTROS

Cando nos presentamos, o primeiro que facemos é saudar. Podemos facelo cun Ola! ou, dependendo do momento do día, cun Bo día! Boa tarde! Boa noite!

Coas persoas maiores empregamos as fórmulas de cortesía vostede, por favor, desculpe, perdoe, non hai de que...

Despois de saudar falamos de nós, do noso nome, de onde vivimos, cantos anos temos, é dicir, achegamos os datos persoais.

Ademais, para completar a presentación podemos falar do que nos gusta facer, que afeccións temos, como facer deporte, escoitar música, ler, montar en bicicleta.

Para presentar outra persoa seguimos o mesmo esquema atendendo a:

datos persoais

afeccións

carácter