Comarca da Ulla

A idea deste entroido é mofarse da guerra, xa que se inspira nas loitas que tiveron na primeira metade so século XIX, orixinadas pola invasión das tropas de Napoleón, os ecos das revolucións de 1848 ou as guerras Carlistas.

Na actualidade esta festa celébrase en oito concellos- Santiago, Vedra, Boqueixón, Teo, A Estrada, Viladecruces, Silleda e Touro- e dura unha semana longa. Nesta semana desfilan carrozas, alegres exércitos de abandeirados e comparsas.

Os personaxes máis importantes son os xenerais, os correos que van a cabalo e os seus séquitos. Cada persoal dos “exércitos” visten dunha maneira diferente. Os xenerais levan uniformes militares relacionados co século XIX, na cabeza levan un tipo de sombreiro ou gorro chamado tricornio con moitas plumas e tamén con plumas de pavo real. Os correos visten camisa con gravata e cubren a cabeza ca “gorreta”. Os abandeirados adoitan levar unha bandeira. Aparte dos xenerais e dos correos, tamén hai un rei e unha raíña. Visten capas e levan unha coroa. Segundo a ocasión montan en cabalos ou van nun carro tirado polos mesmos.


O feito máis especial do entroido do Ulla son os encontros e atranques. Os atranques consisten nun enfrontamento dialéctico entre dous xenerais onde se fan burla de asuntos sociais da actualidade, nun punto e hora determinados. E non todos os atranques son iguais, a tradición varía dependendo da parroquia onde te atopes. Este entroido é unha celebración única.

Teñen un coro de vellos que adoitan levar un uniforme pouco colorido. Cantan cancións picantes e burlescas.

Xeneral


correo


exército