Neste entroido existe una figura principal chamada o Felo. O termo de felo ten unha difícil interpretación xa que o seu significado é o da súa máscara ou relacionase con felonía en referencia á rebelión dos vasalos contra o señor feudal do castelo de Maceda.
Os felos son menos coñecidos que os seus parientes máis cercanos e a súa vestimenta é rústica facendo referencia a súa orixe.
Visten cunha camisa branca, unha garabata, unha chaquetiña, unhas medias negras( a diferencia dos peliqueiros e cigarróns que son brancas), uns popolos, unha especie de colcha ao redor da cintura que axuda a amortiguar os golpes das cinco chocas e unha careta de madeira cunha mitra pintada con animais da serra de Mamede rematada nun rabo de raposo.
Vestirse dun felo implica ter carácter, ser home e estar solteiro. Son espíritus anárquicos e rebeldes. No tempo de entroido eles son a lei e, gustan sacar a homes e mulleres a bailar. Antigamente recorrían as aldeas bebendo ovos con viño e azucre. Non responden a insultos e non deixan que toquen os seus traxes. Tal vez por iso levan un bastón intimidatorio. Tamén son coñecidos polos seus esgutíos, unha especie a aturuxo que realizan a súa chegada acompañados de brincos.