Xinzo de Limia

Na provincia de Ourense atopase Xinzo de Limia, co Entroido máis longo de España, chegando a durar cinco fins de semana. Forma parte do triángulo máxico do Entroido, xunto con Laza e Verín.

Crése que a súa orixe é un rito pagán para conmemorar o fin do inverno.

En Xinzo todo comeza tres semanas antes do martes de Entroido co Sábado de Petardazo e os días clave son:

No Domingo de Fareleiro dáse a comenzar o entroido. Neste día os veciños bótanse fariña.

No Domingo de Oleiro os veciños colócanse nun círculo, pasándose de uns a outros unhas olas cheas de confetti, fariña ou auga. Se rompen a ola, o responsable pagará unha rolda.

No Domingo de Corredoiro, o meco lévase polas rúas e cólgase no centro da praza do pobo. Aquí saen as primeiras pantallas.

No Mércores de Ceniza celébrase o Enterro da sardiña.

No Domingo de Piñata finaliza o Entroido, onde quéimase o meco.

O día máis importante é o Martes de Entroido, co desfile máis visitado de toda Galicia. Hai verbenas, charangas e verdadeiros festíns. Todos se divirten todo o tempo. Mais sempre hai que ir disfrazado, senón, se é muller, a que non vai disfrazada, bailarán ao seu redor. En cambio se é o home quen non vai disfrazado, será levado en brazos ao bar máis próximo para invitar a unha rolda de viños. De todo isto encárganse as Pantallas.



As Pantallas son os personaxes máis características do Entroido de Xinzo de Limia. Mantén a orde e levan a cara tapada cunha máscara de pasta de papel que nunca quitan, imitando un demo burleiro. Ademais, levan camisa e calzóns brancos, polainas e zapatos negros, unha capa negra ou vermella e faixa vermella con chocas e pano. Tamén desfilan cuns globos fabricados con vexigas de animais, os cales golpean entre sí para crear sons que chegan a asustar.

Este entroido foi FESTA DE INTERES TURÍSTICO NACIONAL o ano 1997.