Cobres

O Entroido é unha das festas máis importantes de Galicia, singularmente o de Cobres é un dos máis elegantes. Toda a parroquia participa nel, facendo traxes, organizando o pasacalles, etc.

Xa no século XVIII hai referencias escritas. Celébrase de sábado a Martes, o día máis importante é o Martes.

Cada personaxe está claramente diferenciado. As madamas, os galáns, os de branco e o predicador.

As madamas de base visten de camisa e saia branca e zapatos negros, e sobre a base todas e cada unha das xoias, e na cabeza levan un sombreiro que tampouco se queda atrás.

Os galáns, van parecidos as madamas pero con menos xoias e o seu sombreiro é máis pequeno.

O predicador critica os acontecementos que tiveron lugar en todo o ano.

No entroido de Cobres non se vai con máscara, sempre a cara descuberta, para lucir o rostro.

Os aldeanos van vestidos de diferentes costumes representando aos veciños máis humildes.

O pasa rúa vai acompañado de charangas. Ao final do entroido comezan os preparativos para o seguinte ano.

Aquí tamén pervive o costume de facer a 'corrida do galo' que consiste nunha vara de madeira de aproximadamente cinco metros de alto que recuberta de grasa pola que os concursantes teñen que subir para poder facerse co galo que está na punta do pau. Quen consiga agarrar o galo será premiado ademáis do galo cunha cantidade en metálico.

Outra manifestación importante deste entroido son as danzas, muñeiras, xotas ou pasodobles que os danzantes executan nas principais prazas de Santa Cristina e San Adrián de Cobres a cambio dunha propina. Cada vez que un veciño ou veciña aporta diñeiro, bótase un foguete para celebralo.