Manzaneda

Celebrase nas parroquias de Paradela, Manzaneda de abaixo, Manzaneda de Arriba, Bidueira, Cesures, Soutopedre, Placín, Raigada, Cernado e Requeixo.

Os tres protagonistas do Entroido de Manzaneda son o folión tradicional, a mázcara e a foliada.

O folión tradicional é unha conmemoración de rituais ancestrais, espectáculos de percusión, banquetes populares e teatro de rúa, todo ambientado de sorna e diversión.

A mázcara é o o personaxe central e a pesar do seu nome, adoita levar o rostro descuberto. Na cabeza, o pucho; un enorme tocado; o traxe leva camisa e polainas brancas con puntillas, mantilla floreada, botas altas, bastón e fitas de cores que cada ano se poñen e se quitan unha a unha. Na cadeira, varios chocallos, que serven para gardar o ritmo porque ante todo a mázcara de Manzaneda é un gran bailarín, capaz de danzar sobre un pequeno caixón, xirando na punta dos pés e sen despegar do chan .

A foliada é unha delegación en clave satírica na que participan mázcaras, folións e todos os personaxes do Entroido de Manzaneda.

O Martes é a gran festa do Entroido de Manzaneda, pero o programa de actividades, no que non faltan os banquetes, é tan amplo que excede o calendario habitual, de xeito que pode comezar en xaneiro e terminar en abril.