Sande

Hoxe vouvos presentar un entroido de Ourense/ Cartelle. En Sande concretamente. Este entroido celebrase os dias 22,23 e 25 de febreiro dende o ano 1896. Este entroido conta con 3 figuras principais: A bonita, a vaca e o oso.

A bonita o que fai e recorrer os pobos de Sande correndo, en conmemoración do entroido.

Os antigos representantes da bonita dicen que é unha figura que ven da guerra das Filipinas. Din que cando viñan os mariñeiros da guerra, unha cousa que traían consigo era o traxe da bonita. De feito o característico mantón que levan é típico nas Filipinas.

O nome da bonita ven de que cando era entroido a xente viña con roupas vellas, e cando estes mariñeiros viñan con gravata e ben vestidos chamabanlles "a bonita".

O traxe da bonita so o podían levar os catro millores homes do pobo.

A función da bonita é intentar que a xente manteña distancia xa que no martes de entroido eles fan obras de teatro e as Bonitas intentan manter o orde para que nadie se achegue demasiado ou interrompa e tamen manter o orde sos feligreses cando saen da misa.

O traxe da bonita consiste en:

  • uns mantóns

  • o gorro cunhas plumas e unha careta.

  • A falda feita con colchas antigas.

  • Os calzóns e a camisa branca cunha gravata vermella.

  • As polainas vermellas con campaiñas e uns zapatos negros.

  • Os guantes brancos e o "Vergallo" na man, co que manteñen o orde.

A careta é de alambre e vai pintada por riba, cada pintura está adaptada a cara do que leva o traxe.

A figura do oso ven dende moi atrás, dende que o entroido comezou en Sande sempre baixan o oso ( un home vestido de oso ) dun monte. Lévano atado con cadeas que o controlan e agarrado entre varios homes.

O oso o "cazan" o sábado para que o martes salga no desfile coas bonitas que van correndo detrás del.

E por último, a vaca, que como o oso adicase a romper e tirar con todo o que mira por diante.