Chantada

Nesta festa, os principais protagonistas son os volantes.

Son personaxes cunha enorme carga simbólica representativos do Entroido Ribeirao, o carnaval da zona de Chantada. A súa vestimenta é unha das máis impresionantes dos carnavais galegos.

Destaca especialmente o pucho, un aparatoso tocado de ata 15kg, profusamente adornado con fitas, flores e incluso bonecas; visten tamén panos “portugueses” e cinto do que penden 24 chocallos que anuncian o paso dos volantes.

Todo un espectáculo de vida e cor, os volantes nunca deixan de bailar e visten camisas e pantalóns con cores amarelo e vermello.

Outra personaxe do entroido de Chantada é o peliqueiro. Viste con roupa vella e cubre a súa cara cunha máscara feita de pel. A súa función é abrir paso aos volantes cunha correa de coro e tamén anunciase o seu paso co son dos chocallos.

O entroido desenvólvese ao longo do mes de febreiro cunhas datas moi especiais:

DOMINGO LAMBEDOIRO:

Esta data está moi relacionada coa gastronomía. Tamén chámase domingo fareleiro ou borralleiro xa que os participantes bótanse enriba diversas substancias naturais.

DOMINGO CORREDOIRO:

Celébranse xogos e representacións teatrais.

DOMINGO DE ENTROIDO:

Día propio de la festividade.

MARTES DE ENTROIDO:

Os volantes, chegados da ribeira, aparecen coas súas comparsas. Prodúcese tamén o testamento da máscara, na que se repasa a vida dos veciños da zona satíricamente e o enterro do Santo Entroido. Nesta cerimonia o símbolo da festividade no seu conxunto é introducido nunha caixa de formica que posteriormente se cubre con follas. Os volantes danzan arredor da caixa fúnebre mentras o cura e o sacristán intentan resucitar ao cadáver.