Vilariño de Conso

Vilariño de Conso é un pobo de Ourense que ten uns 513 habitantes en 2021. O seu considerase un entroido puro, o seu persoaxe pricipal é o Boteiro, o que dirixe o fulión.

O fulión é un grupo tocando os bombos ó mesmo tempo. En cada aldea hai un fulión e uns boteiros que bailan o seu son. O fulión esta formado por nenas, nenos, mulleres e homes, uns baten grandes bombos e outros fan contrapuntos con instrumentos de labranza ou con calleres e botellas de anís. Tocan continuamente a un ritmo monótono e exclusivo de cada aldea. Tamén fan sonar cornas e visten unha indumentaria común, ben poden ser pixamas identicos. Participan en desfiles e visitan aldeas vecinas.

O Boteiro como dixemos antes é o persoaxe estrela do Entroido. A súa careta está feita de cartón , forrada de pel e pelo de cabra. Cada unha varía según a súa aldea , en Mormentelos é moi parecida a de Maceda pola proximidade. O seu traxe é decorada con cintas de cores e mais un pantalón decorado. No seu cinto levan pendeduras.

Na man sempre levan unha vara característica do entroido que se chama " A Monca ", que serve para azotar ou pegar aos que están por diante

Unha cousa moi tradicional de Vilariño de Conso no seu entroido é o Xoves de Compadres e trátase, de que as mozas colgan o lardeiro para burlarse deles. E o xoves seguinte e o Xoves de comadres e trátase de que agora son os mozos os que os que colgan a lardeira.

O Domingo gordo, que é o mellor domingo do entroido, é para degustar todo tipo de comida, pero a comida máis famosa é o cabrito, cos chourizos, cunha bica e moito viño.