Viana do Bolo


Neste pobo de 3.200 habitantes, o seu entroido ten moita gastronomía e antigüedade, xa que é un dos máis antigos de Galicia. A súa orixe non está documentada.

Esta celebración comeza dous xoves antes do Domingo de entroido, o xoves de compadres e o xoves de comadres, despois, o sábado de entroido e o día grande, o Domingo de entroido. Acaba co enterro da sardiña.

OS XOVES DE COMPADRES E DE COMADRES. Estes xoves consisten en que o xoves de compadres os homes tíranlle fariña por arriba das mulleres, no xoves de comadres pasa o contrario, as mulleres tíranlle fariña os homes.



O nome oficial de esta celebración é "Festa da Androlla e do entroido". Esta comida tan típica, a Androlla, tómase o Domingo de entroido cun banquete, consiste en que tras a matanza do porco e dous meses de secado elebórase unha especie de chourizo con carne de porco xunto coa pel asada e picada en anacos pequenos.


As personaxes máis destacadas son, sen ningunha dúbida os folións e os boteiros .

O boteiro ten unha máscara moi emblemática, pois é o icono deste entroido.

Leva sempre a cara tapada por unha careta rematada nun impresionante penacho e un traxe multicolor de fitos de seda, unha vestimenta moi elaborada.

A misión do Boteiro e anunciar e abrir paso ao folión dando saltos sobre a monca, un vistoso pau co que tamen manten a raia ao publico.


Tamén están os folións teñen un papel moi importante, sendo comparsas de entre 30 a 40 persoas que van armados con tambores e ferramentas agrícolas para espantar aos malos espíritos en medio dunha verdadera festa.