O Vergalleiro é o protagonista do entroido en Sarreaus. A súa figura foi recuperada en 1994.
Leva un traxe formado por blusa de liño e chaleco negro de fletro, polainas con pompóns vermellos, faixa do mesmo cor con pompóns negros e unha máscara tallada en madeira cun sorriso característico á que únese unha especie de sombreiro con coquiños.
Na man cada vergalleiro leva unha fusta de vergallo de toro que usa como látigo e un corno que fai soar a medida que percorre as rúas, convidando a participar no entroido.
O día grande do Entroido neste municipio é o domingo. Día tras día, está asegurado o mencer e tan só resta tempo para repoñer forzas co porco asado típico de Sarreaus.