Verín

Verín é un pobo de Ourense duns 13.644 habitantes que se transforma cando chega o Entroido. O seu entroido – recoñecido como de Interese Turístico Nacional - é un dos máis longos xa que dura dúas semanas.

Crése que o Entroido de Verín apareceu nas épocas escuras da Idade Media, cando aparece con máis forza formando parte do círculo litúrxico cristián, polo que parece que sen a existencia da Coresma, o Entroido, non perdurase na forma que maioritariamente se presentou ata hai algúns anos.

Dende o Renacemento pensouse que o Entroido proviña directamente das antigas festas Saturnais romanas. Nestas festas existía como costume xeneralizado, o troco de agasallos e invitacións, de vestirse con máscaras ou disfrazarse e de que os señores vestisen humildes roupas dos escravos, gozando estes por contrapartida, de certa liberdade sen recoñecer amo algún.

Tamén hai teorías que din que imitaban á un recaudador de impostos do século XVI.

Os días máis marcados deste Entroido son: Xoves de Compadres; todos os homes de Verín reúnense nas rúas e o Domingo Corredoiro: a primeira aparición dos Cigarróns.




A gastronomía deste entroido é unha das mellores, xa que contamos coa cachucha que é a cabeza do porco, aberta pola metade, lacón con grelos, cocido, a bica branca que é un biscoito galego moi tradicional. O xastre que é un licor tradicional que faise por destilación de aroma das frotas e tamén destilando plantas.

O personaxe principal deste entroido é o Cigarrón.

O cigarrón viste: unha máscara moi extravagante que pesa uns 25 kg; composta por unha pantalla cun animal salvaxe pintado e dous pompóns pendurando dela. No tren superior viste: cunha garabata, unha camisa branca, unha faixa e un cinto. Unha panilla, xemelgos, bocamanga e unha camisa nas extremidades superior.es Nas extremidades inferiores levan: unha liga, unhas medias e uns zapatos negros. Ademais acompáñanse cun pau para pegar á xente.