Esta web é un dos produtos dun traballo por proxectos realizado na materia de Investigación e tratamento da información durante o curso 2021-2022 cos tres grupos de 1º ESO do IES Pino Manso de O Porriño(Pontevedra).
O obxectivo do mesmo foi acadar un achegamento a Entroido tradicional galego do alumnado dunha contorna urbana mediante a investigación, a valoración das fontes de información e a creación dos seus propios textos. Por outra banda, un desenvolvemento da competencia dixital na procura de información na rede, procesamento de textos, emprego de Google Sites e asemesmo, a competencia cultural e artística a través da recreación e exposición dos elementos dos distintos entroidos como produto final.