Xudía


"Hortaliza por fóra e legume por dentro" Esta é a perfecta definición para describir o noso cultivo.

Índice:

  • Etimoloxía.

  • Traballos e meses de cultivo.

  • Léxico relacionado.

  • Orixe do produto.

  • Produción cultural.

Etimoloxía:

Aínda que no pasado pensábase que a palabra “xudía” era un arabismo, o cal proviña da palabra “yudiya”, co tempo esta teoría comezou a ser pouco verosímil, xa que non estaba documentada. No entanto, aínda que se lle intentou atribuír relación co pobo xudío, segue sen ser totalmente crible esta segunda opción.

De todos os xeitos, moitos historiadores afirman que está relacionada co pobo de

Al-Ándalus, debido a que comían gran cantidade de vexetais e din que lles acabaron pondo ese nome a modo de descrición.

Traballos e meses de cultivo:

Cultivar a xudía é sinxelo. Prefiren as temperaturas cálidas-temperadas, non soportan o frío e as sementes non xerminan se están por debaixo dos 10 °C. A planta tampouco se dá moi ben con mais de 40 °C; as súas vainas presentarían deformacións.

A sementa da xudía faise de forma directa: faise a pouca profundidade un suco na terra onde se quere cultivar a planta e deposítase alí unha ou dúas sementes. Ao cabo de 10 días, deberá comezar a xerminar. Deberase regar coa cantidade xusta de auga, de forma uniforme, pero lixeira.

Dous meses e medio despois, máis ou menos, xa deberían estar listas para a recolecta. O tamaño das vainas ideal para facelo é de 10 – 13 cm, máis ou menos o tamaño dun lapis.

Ao aire libre é complicado facer que a plantación de xudías dure todo o ano, pois nos días fríos as plantas morren. Aínda así, se a planta está en boas condicións, pode chegar a dar xudías ata 80 días.

O tempo recomendado para a súa plantación é entre marzo e maio, pois nestes meses a temperatura do solo ten que ser máis de 10º para fomentar o seu correcto desenvolvemento.

A tempada de recolecta, debido ás condicións climáticas, son nos meses de primavera-verán, que comprenden, aínda que depende do ano, entre xullo e outubro.

A continuación adxuntámosvos un audio explicativo sobre os traballos da xudía, para que podades entendelos da man dunha persoa con experiencia propia.

(Premer aquí)


Léxico relacionado:


  • Xudía de Garrafal anana.

  • Xudía Jumbo.

  • Xudía kora.

  • Xudía Mocha.

  • Xudía Bobby.

  • Xudía Rasta.

  • Xudía Ferradura.

  • Xudía Buenos Aires.

  • Xudía Garrafal ouro.

  • Xudía perfection.








  • Xudía Sabinal.

  • Leguminosa.

  • Semente.

  • Verdura tenrra.

  • Hortaliza.

  • Herbácea.

  • Xerminación.

  • Fertilizantes orgánicos.

  • Floración.

  • Colleita.

0rixe:

A orixe das xudías ten lugar alá polo 5000 a. C nas Américas, concretamente na zona de México e Perú. Porén, algúns informadores afirman que veñen de Asia, de China ou da India.

Foi un dos primeiros cultivos que os españois atoparon en América. O alimento expandiuse por España e Europa no século XVI.



Produción cultural:

Pola rede puidemos encontrar distintos refráns:

  • “Garabanzos e xudías, fan boa compañía.”

  • Xudías tódolos días, iso é muita xudería

  • “Boas xudías, LaMancha cría”