ETIMOLOXÍA
Algúns tipos de leituga segregan un líquido branco leitoso, de aí vén o nome en latín: lactuca, que deriva de lac, lactis ‘leite’.
TRABALLOS E MESES
En primeiro lugar, realizarase a nivelación do terreo. A continuación, realizarase o sucado e, finalmente, a máquina de cordaxe formará varios bancos para marcar a localización das plantas así como para facer pequenos sucos para albergar o tubo de goteo.
A plantación realízase en cumes a unha altura de 25 cm, para que as plantas non estean en contacto coa humidade, ademais de evitar ataques provocados por fungos.
A plantación debe facerse de xeito que a parte superior do cepellón estea ao nivel do chan, para evitar a podremia ao nivel do pescozo e o secado das raíces.
LÉXICO RELACIONADO
Alcouve
Invernadoiro
Regar
Transplantar
O orixe da leituga non está moi clara, aínda que algúns din que procede da India.
Algúns botánicos poñen en dúbida esta orixe, xa que a leituga provén da Lactuga scariola L., que se atopa en estado silvestre en zonas temperadas.
O cultivo da leituga remóntase a hai uns 2.500 anos, sendo coñecida polos gregos e romanos.
As primeiras leitugas son as de folla solta, mais as acogolladas víanse en Europa no século XVI.
SEMPRE ESTIVO NAS NOSAS HORTAS?
O cultivo da leituga remóntase a hai uns 2.500 anos, sendo coñecida polos gregos e romanos.
As primeiras leitugas son as de folla solta, mais as acogolladas víanse en Europa no século XVI.
Refrán:
ENTRE COL E COL LEITUGA: Orixinariamente, alude a que os horteláns alternan diferentes produtos nas eras da súa horta. Esta idea de alternancia fixo que se aplique tamén este refrán cando se suceden feitos bos con outros malos.
Festas:
A Loita de Leitugas: en Villena (Alacante) nas Festas do Medievo, mil persoas utilizan como proxectís 500 quilos de follas de leituga. Faise despois dunha representación teatral na que se recorda un feito histórico local: unhas verduleiras quéixanse da subida dos impostos por parte dos marqueses. Unha delas lánzalle unha leituga a un dos soldados dos marqueses, comezando así a loita de follas de leituga entre as persoas do lugar.
A continuación os deixo unha gravación sobre a leituga: