O figo
A palabra figo vén do latín FICUS.
Debes facer:
Orientar as figueiras cara ó sol; cantas máis horas de sol, mellor. Manter o chan con boa materia orgánica. Podar a árbore na primavera. A auga de rego é moi necesaria, sobre todo, cando ten froitos: realizar regos curtos e frecuentes.
A mellor época para plantar a figueira é entre os meses de outubro e abril.
-plantar -figueira
-terra -figueiral
- marmelada -regadío
O figo procede do Oriente Próximo. Pénsase que as fenicias o introduciron no Mediterráneo e os gregos, en Palestina e Asia Menor.
Non sabemos se sempre estivo, pero, polo menos, debe de estar dende hai tempo porque, cando a nai da avoa de Alba era pequena, xa estaba.
-Por San Blas figueiras plantarás e figos comerás.
A figueira, o pé na auga e o sol na cabeza.
3. -Figueira breval, unha ou dúas en cada corral.