Índice:
Etimoloxía.
Traballos e meses de cultivo.
Léxico relacionado.
Orixe do produto.
Dende cando está nas nosas hortas?
Produción cultural.
Etimoloxía:
Era unha deformación do latín vulgar 'petrosilium', do latín clásico 'petroselinum' que existía xa en grego 'petroselinon', voz na cal se recoñece a raíz 'petra' (rocha, polos solos rochosos nos que adoita medrar), xunto a 'selinon' (perexil) “selinum” de apio e “sativum” que quere dicir 'adaptado para ser cultivado'. Coñecíase daquela por 'perexil de rocha'.
A plantación do prixel é rápida e sinxela. De feito, podes cultivala nunha maceta e tela na casa sempre á túa disposición. Se o obxectivo é plantalo nunha horta, é preferente que a terra sexa profunda, solta e con boa cantidade de materia orgánica. Estas sementes poden cultivarse todo o ano mais recoméndase esperar ata abril para evitar os días moi fríos ou calorosos xa que poden frear a xerminación da planta. A xerminación pode comezar a darse vinte días despois da plantación. O prixel non precisa gran cantidade de coidados, só debemos ter tino de que reciba luz entre 4 e 6 horas ó día, a terra estea sempre húmida e as flores da planta sexan cortadas cando acababan de saír.
Se vamos plantala nunha maceta, os coidados son moi semellantes; a terra debe estar húmida e ben preparada cunha mestura destinada para alcouve e macetas (pódela comprar nunha tenda de xardinería). Antes de plantar as sementes debemos remollalas por 24h en auga e plantalas engadindo 2 cm de substrato sobre elas. Logo só queda humedecer a terra e esperar a que xerminen. Fácil e rápido!
A continuación adxuntámosvos un audio explicativo sobre os traballos, os coidados e os meses nos que se planta e sementa o prixel, para aclarar as dúbidas que puideran quedar sobre este tema.
Léxico relacionado:
Prixel de folla lisa
Petroselinum crispum
Sementes
Apiaceae
Talos floríferos
Xerminar
nk
Planta aromática
Prixel de folla rizada
Prixel tuberoso
Apiol
Herbácea
Gastronomía
Orixe do produto:
O cultivo desta planta herbácea remonta á illa itálica de Cerdeña alá polo século XVIII, ou incluso antes. A súa extensión deuse dende a illa a todos os países do Mediterráneo centroeuropeo.
Os romanos e gregos empregábana para aromatizar ou como herba curativa nos seus campos de batalla.
Dende cando está nas nosas hortas?
Actualmente, encóntrase en hortas e xardíns de toda Europa e parte de Asia e América; é usado como planta aromática e condimento en moitos platos da gastronomía española. Pénsase que o prixel chegou é Península, empezando polo sur, para remplazar o cilantro e funcionar como condimento e planta medicinal durante a época romana, aínda que non hai moita constancia de que o prixel foran tan usado no norte da Península nesta época. O prixel apareceu en Galicia e empezouse a usar pola influencia do resto de España hai 300 anos. Na actualidade, é un esencial nas hortas.
Produción cultural.
A continuación deixámosvos algúns beneficios do prixel para a nosa saúde:
Prevén e axuda a combater tanto as diabetes como o cancro.
Consumilo diariamente diminúe as dores articulares.
É unha gran fonte de ferro, polo que diminúe a fatiga.
Axuda no proceso da dixestión
É un importante desinflamatorio para diversas patoloxías como a artritis.