1.Etimoloxía
Esta palabra procede directamente do latín UVA, referíndose especificamente ao froito da vide.
2.Traballos e meses
Vixiar o seu crecemento ao longo do ano, combater as malas herbas, insectos e pragas da vide e vendimar. O período de vendima varía entre febreiro e abril (no hemisferio sur), e agosto e outubro (no hemisferio norte).
Ademais, as uvas poden destinarse, dependendo do tipo, á vinificación, á produción de pasas de uvas ou ao consumo en fresco. Soe suceder que uvas aptas para elaborar viños ou producir pasas se destinen ao consumo en fresco, ou viceversa.
4. Léxico relacionado:
-Vide -Capazo
-Viña -Cacho de uvas
-Pulpa -Tesoiras de podar
-Viño -Uva
-Barril -Cacho
-Pampanos -Podar
-Vendima
5. Orixe do produto:
Os botánicos sitúan a orixe da uva cultivada en Europa na rexión asiática do mar Caspio, dende onde as sementes se dispersaron cara ó oeste por todo o mediterráneo. Os antigos gregos e romanos cultivaban a vide e ambas civilizacións desenvolveron en gran medida a viticultura.
Hai unha variedade de uva que é autóctona das nosas terras: a variedade de uva albariño trátase dunha variedade autóctona de Galicia, concretamente de Pontevedra, que se emprega na produción do viño branco propio da rexión, o albariño.
6. Sempre estivo nas nosas hortas? Tentar delimitalo no tempo.
As uvas chegaron a Galicia cos romanos, os que desenvolveron a vide e, polo tanto, a viticultura.
7. Buscar produción cultural relacionada con el: refrán, cántiga ou poema, dito, expresión, festa, cancións de traballo...
Festas:
-Festa do Albariño: é a festa vinícola máis antiga de Galicia e a segunda de España. Celébrase en Cambados (Pontevedra). Actualmente, celébrase durante a semana do primeiro domingo do mes de agosto.
-Festa do Condado: A Festa do Viño do Condado do Tea é a segunda máis antiga de Galicia. Adaptouse aos novos tempos e creceu. Hoxe en día é unha cita importante para todos os amantes da nosa gastronomía, que se mesturou perfectamente coa nosa cultura e converteuse no escaparate turístico máis importante do municipio.
Normalmente, esta festa celébrase a finais de agosto. Este ano foi celebrado os días 26, 27 e 28. O día máis grande é o domingo, no que se dan a coñecer os mellores viños do ano.
E agora podedes consultar esta entrevista que fixemos para coñecer máis sobre este cultivo.
https://drive.google.com/file/d/1qObkNKW4GzvZDglyR1pm4GxaR6zlKNbL/view