ETIMOLOXÍA
A palabra pataca procede orixinariamente do cruce de papa do quechua con batata do taíno.
TRABALLOS E MESES
Polo xeral, as patacas temperás soen plantarse entre febreiro e xullo. Recóllense ós 40 días dende que se enterraron os tubérculos. Polo que, se en marzo sementaches as patacas, poderás recollelas en maio, a época perfecta para o seu cultivo.
LÉXICO RELACIONADO
Abono
Sacho
Regar
Raíces
ORIXE
É orixinaria de América do Sur e "actualmente" cultívase en case todo o mundo polos seus tubérculos comestibles. Aínda que xa era cultivada no Altiplano Andino polos seus habitantes hai uns 7000 anos, non foi ata o século XV que os españois e o resto do mundo a coñeceron.
SEMPRE ESTIVO NAS NOSAS HORTAS?
A pataca introducíuse en España, a través do porto de Sevilla, como moi tarde no 1569 ou 1570. Chegou a Galicia no 1576 para ser probado o seu cultivo no horto botánico do monasterio de Herbón, en Padrón, provincia de A Coruña.
Á Festa da Pataca ten lugar no municipio de Vilar de Barrio onde todos os vecinos e visitantes poden disfrutar dunha celebración popular que se leva a cabo coincidiendo có inicio do outono.
Esta é unha das primeiras festas gastronómicas que se empezaron a celebrar en Galicia, é un homenaxe a todos os agricultores da zona.
A continuación os deixo unha gravación sobre a pataca: