Etimoloxía
A palabra ou termo millo
procede dende o latín (milium).
TRABALLOS E MESES
En xeral, o millo seméntase a unha profundidade de entre 3 e 5 cm en sucos e axustando a distancia entre cada surco en función do equipamento de colleita, das preferencias rexionais e do tipo e uso final do millo. O millo en gran adoita cultivarse cunha distancia entre filas de 50 a 120 cm.
O gran de millo transfórmase en alimentos e produtos industriais útiles mediante dous procedementos: moenda en seco e moenda en húmido. En primeiro lugar, extraen, como produtos primarios, sémola e fariñas comúns e finas. En segundo lugar, produce amidón e outros produtos derivados útiles.
A sementeira debe realizarse desde mediados de abril ata mediados de maio.
Os nahuas de Mesoamérica chamáronlle Centli e durante a súa propagación por todo o continente americano adquiriu nomes como choclo, jojoto, corn, milho ou elote e millo coa chegada do español a través da adaptación fonética de mahís.
O millo foi orixinario de México xa que se di que leva cultivándose alí máis de dez mil anos, iso si, non cruzaría o Atlántico e chegaría ás nosas mans ata o século XV. E como dato á parte, é o cereal máis producido a nivel global. Máis que nada puído cultivarse tanto tempo en México porque pode resistir moi ben a sequía e o chan areoso.
O millo é un cultivo autóctono do continente americano e agora é un dos cereais máis populares de España. A súa chegada a Europa produciuse no século XV, concretamente, no ano 1493. De feito, a primeira vez que se plantou millo en Europa foi en Mondoñedo e Tapia de Casariego.
Refráns, cantigas, poemas…
Treboada no millo, pan e millo. (refrán)
Pan de millo, non o deas ao teu fillo. (refrán)
Millo que non has colleitar, déixao de visitar. (refrán)
Outra vaca máis no millo. (expresión)
Pan de millo. (canción)
E quen queira máis refráns, aquí no Qr deixamos máis.