COLIFLOR
COLIFLOR
A palabra non é invención do noso idioma, senón que está recollida directamente do Italiano cavolfiore. Ao ser unha lingua romance, está composta por col, que vén do latín caulis (talo) e flor, do latín flos.
A coliflor ten que cultivarse en zonas con temperaturas de entre 15 e 21 graos, nun chan fértil e con suficiente nitróxeno e auga.
Debe plantarse ao redor do mes de agosto, sen sobrepasar os primeiros quince días de setembro. Recoméndase regar nas primeiras horas do día ou nas últimas horas da tarde e evitar que o sol queime as súas follas. No caso da coliflor branca, ten que colleitarse despois duns cinco ou seis meses.
A orixe da coliflor está ligada ao mar Mediterráneo, concretamente, á súa vertente oriental, onde se atopan Asia Menor, Líbano e Siria como referentes históricos do vexetal.
No século XVII a coliflor xa se cultivaba na maior parte de Europa e non foi ata o século XVIII cando chegou a España.

·Partes da coliflor:
-raíz, talo, folla e inflorescencia (ramas do talo, con crecemento limitado, portadoras de flores).
«Coles e nabos, comida de aldeanos».
«No amor, dá igual nabo que coliflor».
«A coliflor non é máis ca unha col que pasou pola universidade».
«Entre col e col, leituga».
«Xuño, xullo e agosto, nin mulleres, nin coles, nin mosto».