Etimoloxía: A palabra allo porro procede do étimo latino ALLIUM PORRUM.
Traballos e meses:
1.Sementeira: en primeiro lugar, debe realizarse un labor profundo para obter un solo solto e esponxoso; e, posteriormente, proceder ó asucamento do mesmo. A sementa pode realizarse de forma manual ou mediante sementadora.
A sementeira comeza a finais de febreiro ou, directamente, pódese comprar a planta e plantalas no chan os primeros días de maio.
2.Rego: O rego é moi importante no cultivo do allo porro, xa que se debe manter unha humidade constante ao longo do cultivo.
3.Desbroce: Utilízanse os desbroces químicos, que aforran tempo de labor, pero débese ter en conta as precaucións que leva a utilizar estos tratamentos químicos. En función do tipo de sementeira, empregarase un tipo ou outro de herbicida.
4. Despuntado: O despuntado tamén chamado pinzamento, consiste en eliminar o extremo apical dun brote da planta para así frear o seu crecemento. No allo porro, se o crecemento é excesivo, procédese ao despunte das follas.
5.Branqueado: A técnica de branqueado consiste en cubrir as plantas con materiais como plástico negro, area ou outros materiais que refracta a luz sobre os órganos da planta que se requiran branquear. Con esta técnica elimínase a cor verde da base das follas do allo porro. Normalmente, o branqueado para allo porro realízase mediante un achego de terra sobre as plantas, un mes antes da súa recolección.
6.Abonado: O nitróxeno é moi necesario por esta planta tanto como o potasio, xa que este último ten moito que ver co desenvolvemento radicular coa formación das follas.
Léxico relacionado:
-Raíz
-Tallo
-Follas
Orixe do producto: Existen indicios de que podería ser orixinaria de Mesopotamia, Turquía ou Exipto, onde se consumía cara ó 3000 ou 4000 a.C, pero parece que foron os romanos quen extenderon o seu consumo pola Península. Os romanos utilizábana na cociña, e dise que o emperador Nerón era un apaixonado do allo porro e tomábao en sopas..
Sempre estivo nas nosas hortas? Tentar dilimitalo no tempo.
Foi na Idade Media cando o cultivo do allo porro se extendeu polo noso continente, acabando coa fame das clases sociais máis desfavorecidas económicamente. Na actualidade sabemos que o maior productor e consumidor do allo porro en Europa é Francia.
Buscar produción cultural relacionada con el: refrán, cántiga ou poema, dito, expresión, festa, cancións de traballo...
Os allos en Nadal, nin nados nin por sementar.
Sementa bo allo e terás bo tallo.