RESUMO DA SEMANA
Esta primeira semana do ano foron días de reencontro e retomar ritmos e hábitos, logo das vacacións de nadal. Na asemblea de clase, presentouse unha nova dinámica chamada "Asemblea de temas". A través desta proposta, cada neno ou nena poderá anotar no taboleiro un tema para debater ou propoñer ao grupo, promovendo o diálogo e a posta en común.
No ámbito matemático, presentáronse as "matemaxias" como recurso que utilizaremos para practicar e consolidar algúns dos contidos de cálculo deste curso. Presentáronse e ensaiáronse os primeiros trucos e elaborouse un octaedro en papel, necesario para o seguinte reto. Ademais, iniciámonos nos "nonograms", un xogo de lóxica no que se descifran códigos e se desenvolve o pensamento lóxico mediante retos realizados de forma individual e en equipo.
O libro Alma e corazón, unha aventura multicolor de Ledicia Costas, será o texto de referencia do noso Club de Lectura. Analizamos o seu título e ilustración de portada, realizamos unha lectura colectiva de fragmentos iniciais e fixemos un pequeno debate sobre as diferenzas culturais entre Galicia e Brasil, coa participación activa do alumnado. Esta actividade conectouse coa temática do libro, explorando as posibles diferenzas que poderiamos atopar ao cambiar de país, continente ou incluso planeta. Cada neno/a conta cun exemplar que garda no seu caixón da aula.
Por último, realizouse o servizo semanal de préstamos de libros na biblioteca da escola, incluíndo a renovación da selección de exemplares dispoñibles na biblioteca de aula. Pechamos a semana co sorteo das mochilas viaxeiras, que nesta ocasión levará Nacho.
Sofía Iglesias agasollounos cunha galletas caseiras para celebrar o seu recente cumpreanos. Parabéns, Sofía!!