“Aug(de)mented Reality”
Marty Cooper é un ilustrador e animador estadounidense que crea animacións orixinais combinando debuxos feitos a man sobre celuloide (acetato transparente) con fondos reais, que grava co seu móbil que cobran vida usando técnicas de stop-motion e composición artesanal, sen efectos dixitais sofisticados.
🧰 Materiais que utiliza:
Acetatos transparentes (tipo celuloide)
Rotuladores permanentes (Sharpie, Posca…)
Tipex
Fondos reais: espazos públicos, obxectos da casa, natureza
Móbil ou cámara para gravar
Stop Motion Studio ou app similar para montar
EXEMPLO BARXAS - 1 ESO
"Animando a nosa contorna" é un taller audiovisual no que crearemos un mapa emocional do noso barrio ou cidade mediante pequenas animacións realizadas cos móbiles e xeorreferenciadas nun mapa. Utilizando a maxia da animación, expresaremos e difundiremos as emocións que nos producen os recunchos que máis nos motivan ao facer un percorrido polas súas rúas.
Poñer en práctica a narrativa dixital como recurso educativo na aula.
Utilizar a técnica da animación para contar unha breve historia.
Facer uso dos dispositivos móbiles con fins educativos.
Poñer en valor a cultura e historia do noso entorno máis próximo.
Comunicación lingüística
Competencia dixital
Competencia artística
Competencia tecnolóxica
3 sesións de 1 hora aproximadamente
Formación de equipos: Grupos de 3 a 5 persoas.
Técnica de animación: Usar a animación por transparencias.
Proceso creativo: Reinterpretar personaxes de Preston Blair e debuxalos sobre acetato.
Fotografado: Fotografar os movementos sobre fondos reais do noso entorno.
Uso de Stop Motion Studio:
Crear un novo proxecto
Capturar fotogramas
Axustar velocidade e engadir voz
Música: Engadir música libre de dereitos (ex: http://freemusicarchive.org)
Xeolocalización:
Usar Google My Maps
Engadir marcador no lugar de gravación
Subir vídeo ou inserir ligazón de YouTube
Compartir, Publicar o mapa colaborativo e compartilo por medios dixitais
RECURSOS
ANIMACIÓN CON TRANSPARENCIAS