Bloque 1. A arte e o seu sentido
C1.1 - A evolución do concepto de arte
O concepto de arte foi variando segundo épocas e culturas. Na Antigüidade entendíase como imitación da natureza (mímesis). Na Idade Media vinculouse á relixión e ao simbolismo. No Renacemento asociouse coa beleza e coa proporción. No Romanticismo, coa expresión subxectiva. No século XX rompeuse coa idea de obra “bella” para dar paso á arte conceptual, ás vangardas e á idea de que calquera obxecto ou acción pode ser arte se así o propón o artista.
C1.2 - As distintas manifestacións da expresión artística
A arte maniféstase en múltiples disciplinas: pintura, escultura, arquitectura, música, literatura, cinema, danza, fotografía, deseño, moda ou videoxogos. Cada linguaxe ten os seus códigos, pero todos comparten a capacidade de transmitir ideas, emocións e valores culturais.
C1.3 - Elementos esenciais das linguaxes artísticas. Grandes movementos contemporáneos
Elementos comúns: liña, cor, forma, volume, espazo, tempo, son, palabra, xesto.
Movimentos contemporáneos: impresionismo, expresionismo, cubismo, futurismo, surrealismo, dadaísmo, abstracción, expresionismo abstracto, pop art, minimalismo, arte conceptual, land art, arte povera, performance, videoarte, instalacións, arte dixital.
C1.4 - A expresión artística no seu contexto social e histórico
A arte non é allea ao tempo: o Renacemento está ligado ao humanismo; o Barroco á Contrarreforma; as vangardas ao cambio tecnolóxico e á crise de valores do século XX; o pop art á sociedade de consumo; a arte contemporánea á globalización, á conciencia ecolóxica e ás loitas sociais.
C1.5 - Función social da arte e da cultura
A arte pode ser relixiosa, propagandística, decorativa, crítica ou simplemente estética. Impacta na economía (turismo cultural, museos, industrias creativas) e tamén na política (denuncia, activismo). A liberdade de expresión é esencial, pero existiron sempre formas de censura (queima de libros, prohibición de obras, censura audiovisual e incluso autocensura en contextos ditatoriais).
C1.6 - Estereotipos culturais e artísticos. Perspectiva de xénero e intercultural
Durante séculos as mulleres foron invisibilizadas no mundo da arte, igual que culturas colonizadas ou minoritarias. A perspectiva de xénero e intercultural busca romper eses estereotipos, recoñecer a diversidade e garantir representación igualitaria.
C1.7 - A arte como ferramenta de expresión individual e colectiva
O artista expresa emocións, ideas e experiencias persoais, pero tamén pode actuar como voz dunha comunidade ou dun movemento social (arte feminista, arte queer, arte política, muralismo social).
C1.8 - Estratexias de investigación e análise crítica
A valoración da arte require observar, contextualizar, comparar e interpretar. Úsanse ferramentas como a análise formal (cor, composición, técnica), a análise iconográfica (temas, símbolos) e a análise crítica (intención, contexto histórico, impacto social).
Duchamp, A fonte (1917) → Ready made.
Miró, O carnaval do arlequín (1924–25) → Surrealismo.
Dalí, A persistencia da memoria (1931).
Picasso, Guernica (1937).
Bloque 2. Natureza, arte e cultura
C2.1 - Do plein air á fotografía de natureza
O plein air (pintura ao aire libre) nace co impresionismo. Posteriormente, a fotografía de paisaxe e natureza ofreceu unha nova forma de documentar e interpretar o mundo natural.
C2.2 - Arte, conciencia ecolóxica e sustentabilidade
Na arte contemporánea, a natureza aparece como suxeito e obxecto: artistas denuncian a contaminación, o cambio climático ou propoñen obras sostibles con materiais reciclados.
C2.3 - Arte povera
Movemento italiano dos anos 60 que emprega materiais pobres (madeira, terra, tea, ferro oxidado) para criticar a sociedade de consumo e revalorizar a natureza.
C2.4 - Arte ambiental e land art
O land art transforma directamente a paisaxe (spiral jetty de Smithson), mentres que a arte ambiental crea instalacións que dialogan co entorno natural, ás veces efémeras e ligadas á conciencia ecolóxica.
Bloque 3. A arte dentro da arte
C3.1 - Arte primitiva, oriental, precolombina e africana como inspiración
As vangardas beberon destas fontes: Picasso inspirouse na arte africana, Gauguin na arte polinesia, os muralistas mexicanos no precolombino, os surrealistas no exótico e o primitivo.
C3.2 - Pervivencia do clásico na arte contemporánea
A tradición grecolatina reaparece en formas, temas e proporcións. Ex.: Pistoletto coa Venus dos farrapos, ou arquitecturas posmodernas que reinterpretan columnas e frontóns.
C3.3 - Cultura popular e pop art. A arte pop en España
O pop art utiliza a publicidade, o cómic e a cultura de masas (Warhol, Lichtenstein). En España destacan Equipo Crónica ou Eduardo Arroyo, cunha visión crítica da sociedade franquista.
C3.4 - Relacións interdisciplinares
No século XX e XXI hai mestura de linguaxes: cine con música e literatura, moda inspirada en arte, cómic como linguaxe artística recoñecida, publicidade como arte visual, videoclips como narración audiovisual.
Bloque 4. A arte nos espazos urbanos
C4.1 - Arquitectura e sociedade
A arquitectura responde a necesidades sociais: vivenda, traballo, ocio, símbolos de poder. Reflicte ideoloxía e tecnoloxía de cada tempo.
C4.2 - A arquitectura na arte contemporánea
Arquitectos como Gehry, Hadid ou Calatrava converten os edificios en iconas culturais. O “efecto Guggenheim” de Bilbao exemplifica o impacto económico e turístico da arquitectura.
C4.3 - Intervencións artísticas en proxectos de urbanismo
Inclúen escultura pública, murais, instalacións urbanas e integración da arte nos plans de cidade, para humanizar os espazos e crear identidade.
C4.4 - Arte mural, trompe-l’oeil e arte urbana
Arte mural: tradición desde as cavernas ata o muralismo mexicano e o grafiti actual.
Trompe-l’oeil: engano visual que simula espazos tridimensionais.
Arte urbana: grafiti, postgrafiti, intervencións en rúas.
Espazos da arte: museos, feiras, galerías, festivais, bienais, que funcionan como motores culturais e económicos.
Bloque 5. Linguaxes artísticas contemporáneas
C5.1 - Deseño industrial e artes decorativas
Obxectos útiles creados con criterios estéticos e ergonómicos. Desde a Bauhaus ata o deseño actual de mobiliario, moda, cerámica ou xoiaría.
C5.2 - Medios electrónicos, informáticos e dixitais na arte. Videoarte
Uso do vídeo, a realidade virtual, a intelixencia artificial e o multimedia para crear experiencias inmersivas. Pioneiros: Nam June Paik no videoarte.
C5.3 - Instalacións: da arte ambiente á arte inmersiva e interactiva
Espazos transformados nos que o público se integra. Evolución desde os environments dos 60 ata instalacións dixitais interactivas de hoxe.
C5.4 - A explosión da narrativa serial no audiovisual do século XXI
As series de televisión convertéronse en produto cultural global (Breaking Bad, Game of Thrones), cunha narrativa complexa e impacto social.
C5.5 - Narrativa multiverso e videoxogos
Os videoxogos son unha das artes máis influentes do século XXI: narrativa non lineal, universos expandidos, interacción co xogador. Exemplos: The Legend of Zelda, The Last of Us.